ESCOLA DE PAIS E EDUCACIÓN EMOCIONAL

LIMPANDO A MIRADA . MIRANDO AS RAICES. MIRANDONOS A NOS

Presentación da prosta da Pedagoxia do Abrazo para descubirnos na nosa resposta adulta como pais, nais, educadores e terapeutas, ante os diferentes momentos evolutivos dos nenos e das nenas.

O obxectivo é crear un espazo para a reflexión sobre as posibilidades que se abren cando miramos a vinculación e o seu proceso de desenvolvemento natural.

Hoxe en dia temos perdido de vista o que significa e o que implica unha vinculación natural e favorecida, sendo o proceso que  establece os cimientos ou as primeiras raices da individualidade e, onde se ancla a cualidade das futuras relacións.

Podemos facer un momento de paréntese para mirar o proceso vivido e, desde a lixereza da toma de conciencia, permitirnos e posibilitarnos xerar decisións enriquecedoras para acompañar aos nosos nenos e nenas na sua construcción vincular

OBRADOIRO: A SIMBIOSE. A mirade que permite ser.
DATA: 21 xaneiro de 2018

OBRADOIRO: VINCULACIÓN. Tipos e mecanismos de defensa.
DATA: 18 febreiro de 2018

OBRADOIRO: OS LÍMITES. O marco de seguridade.
DATA: 4 de marzo de 2018

OBRADOIRO: A CON-TENCIÓN DAS EMOCIONS: A aprendizaxe para a conexión con un mesmo.
DATA: 18 de marzo de 2018

OBRADOIRO: OS SENTIDOS BÁSICOS. O alimento da intelixencia 
DATA: 22 de abril 2018

OBRADOIRO: A INDIVIDUALIDADE. Solo se é, se hai recoñecemento. Eu son se tí me ves.
DATA: 13 de maio de 2018

OBRADOIRO: O DEBUXO INFANTIL. Deixando facer.
DATA: 27 de maio de 2018

OBRADOIRO: NOVO PARADIGMA EDUCATIVO. Nova proposta social. Coidando desde o autocoidado. 
DATA:10 de xuño de 2018